Monumento ecuestre a Gattamelata (Donatello)

Coordenadas: 45°24′05″N 11°52′47″L / 45.40138889, 11.87972222

Monumento ecuestre a Gattamelata
ArtistaDonatello
Data1453
TécnicaEscultura en bronce
Dimensións340 cm × 390 cm

O Monumento ecuestre a Gattamelata é unha estatua de vulto redondo en bronce realizada por Donatello en 1453[1] e que, hoxe en día, está situada na Piazza del Santo en Padua. A fundición da obra realizouse no taller de Andrea della Caldiere[2] e ten unha dimensións de 340x390 cm, cunha base de 780x410 cm.[3]

A súa relevancia é múltiple pois é unha das primeiras e máis importantes estatuas ecuestres de todo o Renacemento[4] pois é ao ser a primeira estatua ecuestre de tamaño real do Renacemento italiano e tamén é a primeira estatua ecuestre a gran escala fundida dende a antigüidade e que reintroduce o retrato ecuestre clásico.[5][6] Igualmente, é unha das primeiras obras escultóricas da época moderna libre da subordinación do marco arquitectónico: a obra proponse de feito como un obxecto autónomo, que se relaciona co espazo só co seu volume, sen outros límites.

Nela está representado condottiero Erasmo de Narni, coñecido como "Gattamelata", quen estivo principalmente ao servizo da República de Venecia, que era quen gobernaba Padua naquel momento.

  1. Draper, James David (outubro de 2002). "Heilbrunn Timeline of Art History: Donatello (ca. 1386–1466)". metmuseum.org (en inglés). Consultado o 18 de outubro de 2024. 
  2. Alegre Carvajal, Tusell García & López Díaz (2011), p. 420
  3. Sullivan, Mary Ann (2006). "Equestrian monument of Erasmo da Narni, called Gattamelata". bluffton.edu (en inglés). Consultado o 2 de outubro de 2023. 
  4. Álvaro López (2009), p. 363
  5. Kleiner (2008), p. 551
  6. Wood, Cole & Gealt (1989), p. 105

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search